Pontevedra clausura os mundiais de loitas despois de quince intensos días
Por Redacción & Cristina Saiz
Acabouse. Pontevedra puxo o broche de ouro este domingo a quince días nos que se converteu na capital da loita mundial coa celebración dos mundiais de Grappling nas categorías Sub-17, Sub-20 e Absoluta, e de Loitas Olímpicas Sub-23.
O Pavillón Municipal dos Deportes acolleu aos máis de 1.800 deportistas de 70 países que compareceron no tapete, o que supuxo unha cifra histórica dun evento deste nivel en España nos últimos 8 anos.
A cita púxose en marcha o pasado 12 de outubro coas modalidades de Grappling e Grappling Gi, nas que España ocupou o segundo posto da clasificación cun botín de 44 metais, 13 deles de ouro.
Despois chegou a quenda da Loita Grecorromana, Loita Feminina e Loita Olímpica, onde 24 deportistas defenderon as cores de España, pero ningún subiuse ao podio.
Entre eles estivo a galega Nerea Pampín, gran favorita para facerse cunha medalla e que mesmo conseguiu acceder á repesca para a medalla de bronce, pero finalmente cedeu ante a italiana Elena Esposito e quedou co mel nos beizos.
Pontevedra clausurou así 15 días históricos nos que se viviron nove campionatos do mundo nos que España conseguiu un bo botín coas súas 44 medallas.
Relacionadas:
-
Ao redor de "2.000 deportistas de 70 países" competirán en Pontevedra no Mundial Sub-20 de Loitas Olímpicas
Por Diego Espiño |
-
Recepción municipal á Selección Feminina de Loita U15, concentrada en Pontevedra
Por Redacción |
-
Nerea Pampín queda sen opcións de bronce ao ceder na repesca do Mundial Sub-23
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Yui Susaki, un ciclón deportivo que inscribiu a Pontevedra nos libros de historia da loita mundial
Por Diego Espiño |
-
Nerea Pampín, á repesca no Mundial Sub-23 de Loita
Por Diego Espiño |
-
A loita feminina entra en escena no Campionato do Mundo Sub-23
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Voluntarios, servizos, infraestruturas... o que non se ve dos mundiais de loita de Pontevedra
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Pontevedra inaugura o Mundial Sub23 de Loita mirando cara ao futuro: "Agardamos acoller algún Europeo absoluto"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |