Clubs deportivos e a Policía Nacional aúnan esforzos para erradicar comportamentos intolerantes
Por Redacción
Axentes da Policía Nacional da comisaría local de Vilagarcía de Arousa mantiveron recentemente varias reunións cos directivos e representantes de clubs deportivos federados de fútbol, baloncesto e rugby da comarca coa intención de obter a súa colaboración na iniciativa "O Deporte únenos a tod@s", coordinada pola área de participación cidadá da comisaría e dirixida a garantir o goce dos acontecementos deportivos en ausencia total de comportamentos intolerantes.
Un dos obxectivos desta campaña pasa por detectar de forma temperá situacións ou actitudes contrarias aos valores e esixencias que expón a Lei do Deporte.
Todos os clubs contactados adheríronse á iniciativa e mostraron o seu agradecemento pola posta en funcionamento da mesma. Todos a "consideran moi positiva para traballar en conxunto e establecer un punto de encontro para a comunicación de incidencias e para xestionar de forma preventiva calquera circunstancia que requira actuación policial", explican desde a comisaría.
A liña mestra desta iniciativa pasa por "traballar en conxunto desde as categorías inferiores nos obxectivos marcados e poder detectar de forma temperá situacións que, de non controlalas, poidan devir en infraccións administrativas ou penais nun futuro".
Relacionadas:
-
Axentes da Policía Nacional imparten unha charla para evitar comportamentos intolerantes no deporte
Por Anxo Lourido |
-
A Policía Local de Vilagarcía retoma as patrullas en bicicleta por praias e espazos peonís
Por Redacción |
-
Os delitos sexuais poñen ao feminismo en loita e á Policía en alerta
Por Natalia Puga |