Gómez Noya pecha unha etapa tras os Xogos: "Posiblemente fose a miña última carreira ITU"
Por Diego Espiño
Unha era chega ao seu fin, a de Javi Gómez Noya como deportista na modalidade olímpica de tríatlon. A través dunha emotiva mensaxe compartida a través das súas redes sociais, o que se converteu en toda unha lenda por méritos propios como o triatleta máis con mellor palmarés no seu deporte (cinco mundiais e unha prata olímpica, entre outros logros) recoñece que a dos Xogos Olímpicos de Tokyo "posiblemente fose a miña última carreira ITU".
"Como podedes imaxinar, non estou nada satisfeito polo meu resultado", comeza analizando o galego, xa que "tras moito e moi duro traballo, o corpo non respondeu o nivel habitual. Non pola calor nin humidade (que tampouco fixo tanto), simplemente non ía ben e non rendín ao meu nivel habitual", sinalou sobre unha carreira olímpica na que só puido ocupar o posto 25, moi lonxe das súas expectativas.
"Non vos vou a aburrir con razóns/escusas, no deporte de elite o que conta é o resultado na competición e o meu non foi bo. Iso é o que hai. Teríame gustado lograr un mellor posto, pero así foron as cousas. Hai que saber encaixar vitorias e derrotas", explicou.
Tras esa análise Gómez Noya fai balance dos case 20 anos competindo en carreiras ITU, unha época na que se mediu a "atletas impresionantes de diferentes xeracións, vivín momentos memorables, coñecido xente incrible e teño o orgullo e a honra de ser o atleta con máis vitorias na historia do noso deporte. Isto é, por suposto, moito máis do que xamais imaxinara".
"O que máis gocei foi do camiño", sinala o máximo representante do tríatlon galego e nacional agradecendo a adestradores, compañeiros, familia, rivais e tamén aos afeccionados o apoio recibido.
"Aínda me encanta este deporte e síntome con ganas de traballar e afrontar novos obxectivos. Novas carreiras e retos pero coa mesma dedicación e profesionalidade", conclúe Gómez Noya sobre un futuro que se encamiña agora a longo prazo distancia con retos como tentar gañar o Ironman de Hawaii.
Relacionadas:
-
Chile, primeira parada do ano para Javi Gómez Noya no seu paso á longa distancia
Por Diego Espiño |
-
Gómez Noya fixa como obxectivo para 2022 o "Campionato do Mundo Ironman no mes de maio"
Por Diego Espiño |
-
A calor de Tokyo asfixia as opcións de Gómez Noya, que finaliza no posto 25
Por Diego Espiño |
-
Javi Gómez Noya, a polo anhelado ouro olímpico en Tokyo 2020
Por Alejandro Espiño |
-
Gómez Noya, a por todas nos Xogos de Tokyo: "Me veo en la pelea"
Por Diego Espiño |