Xa está aberto o prazo de inscrición para o Torneo Internacional II Memorial Ramón Escudeiro Tilve
Por Redacción
A Escola Xadrez Pontevedra espera reunir un cento de participantes no Torneo Internacional II Memorial Ramón Escudeiro Tilve que se celebrará do 4 ao 8 de decembro nas instalacións do Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra. Xa está aberto en prazo de inscripción a través de escola@xadrezpontevedra.com.
O torneo repartirá un total de 1.125 euros en premios e material didáctico e xogarase polo sistema suizo a sete roldas. O primeiro clasificado xeral levarase 300 euros máis trofeo, con premios en metálico ata o sétimo clasificado. Os dous primeiros clasificados en amateur obterán 100 euros máis trofeo e 50 euros, respectivamente, mentres nas categorías de sub 16 a sub 8 haberá medalla e material didáctico.
Concederase tamén o premio Ramón Escudeiro Tilve á mellor partida de ataque. Para optar, o xogador interesado deberá entregar á partida candidata, convintemente analizada, antes da sexta rolda. A organización designará un xurado para outorgar este premio especial.
Este torneo internacional celébrase como homenaxe a Ramón Escudeiro Tilve, un mozo pontevedrés que malia o seu ceguera destacou na práctica do xadrez e o judo. O seu repentino falecemento, cando só contaba con 20 anos, impediulle cumprir o seu soño de participar nos Xogos Paralímpicos de Río 2016. Da súa valía dá conta o feito de que bateu o record nacional de partidas simultáneas de xadrez e conseguiu a medalla de bronce no Campionato do Mundo junior de Judo para cegos.