Albert Homs, aleiro cedido polo Río Natura Monbús, nova fichaxe do Peixe Galego
Por Redacción
O Peixe Galego conta cun novo xogador para reforzar o seu plantel. Trátase do aleiro catalán Albert Homs. Ten 19 anos e mide 2.00 metros. Formado na canteira do Joventut, chega ao equipo marinense cedido polo Río Natura Monbús.
Na última tempada xogou no CB Prat Joventut, de LEB Prata, onde promediou 5.4 puntos e 2.7 rebotes nos 22 partidos que disputou. Esta tempada repetirá na terceira categoría do baloncesto español, ao cedelo o Obradoiro ao Peixe Galego.
Homs foi internacional nas categorías U16 (Europeo de Montenegro 2010), U18 (medalla de ouro no Europeo de Wroclaw 2011 e participación no Torneo de Mannheim 2012 e Europeo de Lituania 2012) e U19 (Mundial de Praga 2013).
ÿ, segundo Mozan Rivera, responsable das categorías inferiores do Obradoiro, "unha das promesas do noso baloncesto, internacional, capaz de desenvolverse nas tres posicións de perímetro e cunhas boas condicións físicas". Engade que é un bo defensor, á vez que xogador de equipo e que "xeneroso pasando o balón, non dubida en asumir tiros ou penetracións cando é necesario".
Con esta fichaxe, o Peixe Galego dá por pechada o seu plantel, aínda que os seus responsables non descartan que poida chegar algún reforzo adicional se non supón un esforzo económico excesivo para a capacidade do club.
Relacionadas:
-
Converter A Raña nunha ola a presión, obxectivo do Peixe Galego para o seu debut na LEB Plata
Por Alejandro Espiño |
-
Fase final na preparación do Peixe Galego antes do debut ligueiro na Raña
Por Diego Espiño |
-
Darío Suárez ficha polo Peixegalego tras a marcha do escolta Iván Martínez
Por Redacción |
-
Al Rapier e Víctor García completan o plantel do Peixegalego
Por Diego Espiño |