A segunda concentración da Superdivisión masculina de tenis de mesa aterra en Príncipe Felipe
Por Redacción
Importante fin de semana para o Tenis de Mesa Monte Porreiro, que exercerá de anfitrión na segunda concentración da liga de Superdivisión masculina.
Ata tres xornadas da máxima categoría disputarase entre o sábado 27 de marzo e o domingo 28, con presenza en Pontevedra ademais de equipos como o DOC Servizos Hispalis, o CD Covirán Huétor Vega, San Sebastián de los Reyes e o ADTM Leganés, ademais do propio Visit Pontevedra.
Será unha cita na que os pontevedreses tentará confirmar as súas boas sensacións da concentración inicial, cun empate e unha derrota ante equipos chamados a estar nos postos de honra como o Arteal e o Borges, respectivamente. Agora, os de Nando Álvarez buscarán traducir esa imaxe en puntos para afastarse canto antes da zona de descenso.
En primeiro lugar, ás 11.00 horas do sábado, o Monte Porreiro enfrontarase ao Huétor Vega, que aínda non sumou puntos esta tempada. Á mesma hora mediranse tamén Leganés e Hispalis. Pola súa banda ás 18.30 horas da tarde enfrontaranse San Sebastián de los Reyes e Hispalis por unha banda e Leganés e Huétor Vega pola outra.
Por último na matinal do domingo, a partir das 11.00, o Visit Pontevedra afrontará o seu segundo encontro contra o Hispalis, mentres que o San Sebastián de los Reyes medirase ao Huétor Vega.
Permitirase a entrada de público cumprindo coas medidas de prevención contra a covid. Será ademais a oportunidade de ver en acción por primeira vez á fichaxe estrela do equipo esta campaña, o portugués André Silva.
Tras afrontar unha saída a San Sebastián de los Reyes, o Monte Porreiro volverá ser organizador de outra concentración da Superdivisión o 8 de maio.
DIVISIÓN DE HONRA
Vigo será o escenario, tamén esta fin de semana, da segunda concentración da División de Honra Feminina, na que o Monte Porreiro comezou a liga cunha vistoria e unha derrota. Pola súa banda o filial masculino de División de Honra desprazarase a Lugo.
Relacionadas:
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro rompe teitos
Por Manu Otero |
-
Unha vitoria e unha derrota para o TM Monte Porreiro na segunda xornada ligueira
Por Cristina Saiz & Redacción |
-
O TM Monte Porreiro 'rasca' un punto no seu debut ligueiro, e será anfitrión da próxima xornada
Por Redacción |
-
A falta de espazo para adestrar afoga o TM Monte Porreiro: "Estamos a denegar entradas ao club, e é unha pena"
Por Diego Espiño |
-
O Tenis de Mesa Monte Porreiro, listo para afrontar a liga de Superdivisión "más fuerte de los últimos años"
Por Diego Espiño |
-
A nova promesa do TM Monte Porreiro, Emma Álvarez, seleccionada pola Federación Española para o proxecto MiniSpin
Por Redacción |