Un Coruxo "nunha dinámica moi boa" ameaza o Pontevedra nun partido para sobrevivir
Por Diego Espiño
Lonxe queda xa aquela última xornada de liga de 2020 na que un Pontevedra invicto ata a data caía por primeira vez na tempada, e facíao de maneira contundente no campo do Vao ante un Coruxo que chegaba con urxencias á cita.
Uns meses despois a situación cambiou por completo, cos granates loitando pola súa supervivencia, con cambio no banco e apurando as escasas opcións de meterse entre os seis primeiros, algo que poucos podían imaxinar en decembro.
Iso pasa necesariamente por gañar os dous partidos que lle restan da primeira fase e esperar a ver que fan os seus rivais. O primeiro deles terá como adversario de novo ao Coruxo, que agora chega "nunha dinámica moi boa", sinala Luisito lembrando que "todo o mundo o daba por morto e aí está, con nós".
O cadro vigués plantarase en Pasarón tras vencer no seu últimos tres encontros a Deportivo e Guijuelo, ademais de rabuñar un empate con Unionistas, o que lle colocou con 17 puntos a 1 do Pontevedra ao que adiantaría no caso de vencer conseguindo uns puntos que poden ser vitais de ter que xogar a fase pola permanencia.
"É un equipo que nunca se vai entregar", avisa o técnico granate, que espera un rival que " vai xogar ao repliegue e ao contraataque".
Luisito asegura que o seu equipo recuperouse animicamente do pau que supuxo a derrota en Riazor. "Noto a todos súper implicados", defende, e ademais terá a todo o plantel á súa disposición a excepción do lesionado de longa duración Romay.
O derbi provincial dará comezo ás 17.00 horas do domingo nun Estadio Municipal de Pasarón que poderá contar coa presenza de 500 afeccionados.
O partido será arbitrado polo colexiado asturiano Leandro Carbajales Gómez.
Relacionadas:
-
Bocanada de aire para o Pontevedra cunha reparadora goleada fronte ao Coruxo (3-0)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Luisito, partido a partido: "Pensar máis aló do domingo é confundirse"
Por Diego Espiño |
-
A calculadora do Pontevedra bota fume. Isto é o que lle espera se non logra meterse entre os seis primeiros
Por Diego Espiño |
-
Derrota en Riazor dun impotente Pontevedra que se ve abocado a loitar pola permanencia (1-0)
Por Diego Espiño |