O vestiario do Cisne segue en corentena e o club pedirá a suspensión dos dous próximos partidos
Por Manu Otero
O Cisne segue en corentena. Un positivo por covid-19 antes da disputa do partido contra o Granollers obrigou a suspender o encontro e a confinar a case todo o plantel para evitar contaxios. Esta semana, a maior parte do vestiario continúa nas súas casas á espera de ser citados para facer probas PCR que confirmen que están sans.
Aínda que os resultados sexan negativos, os xogadores deberán completar unha corentena de dez días. Prazo que impide a disputa da xornada desta fin de semana contra o Ademar León e que pon en serias dificultades o seguinte duelo en Pontevedra contra o Cangas, fixado para o día 20 sen tempo apenas para completar dúas sesións de adestramento. Por iso, desde o club dan por feito que Asobal aceptará a suspensión de ambas as xornadas.
Non todos os xogadores permanecen illados. Álex Chan, que estaba concentrado coa súa selección e non tivo contacto co positivo, asi como outros cinco xogadores e os dous adestradores que superaron a enfermidade no último brote poden facer vida normal e continúan adestrando a diario no pavillón.
Do resto do equipo, polo momento só tres xogadores foron chamados polos seus médicos para realizar a PCR, deron negativo, e desde o club esperan confirmar ao longo desta semana a negatividade do resto do plantel.
Relacionadas:
-
O Cisne tramita a contrarreloxo a incorporación do brasileiro Guilherme Valadao
Por Diego Espiño |
-
Os xogadores do Cisne retoman os adestramentos superado o seu segundo confinamento da tempada
Por Diego Espiño |
-
Confirmado o aprazamento do derbi galego de Asobal entre Cisne e Cangas
Por Redacción |
-
Confirmados dous positivos máis no Cisne, que espera volver os adestramentos esta semana
Por Almu Dapena |
-
Un positivo por covid no Cisne obriga a suspender o partido ante o Granollers deste sábado
Por Almu Dapena | Creada e actualizada
-
Segundo partido tras o parón do Cisne recibindo o Granollers
Por Andrea Sánchez Barreno |