O rugby galego pon data para o seu regreso: xaneiro de 2021
Por Redacción
Unha luz de esperanza ao final do túnel para o rugby galego en xeral e para o pontevedrés en particular.
A Asemblea Xeral Extraordinaria da Federación Galega de Rugby aprobou o calendario da tempada 2020-2021, fixando unha data para o inicio das súas competicións.
Esa data, se a situación sanitaria permíteo, é o próximo mes de xaneiro, aínda que a decisión será valorada de novo a finais do mes de novembro para ter en conta a evolución da pandemia.
O calendario foi aprobado por unanimidade polos membros da asemblea, con presenza tamén dos clubs que non contan con representación, coincidindo todos, segundo a Federación, "en que son momentos de máxima prudencia e de extremar as precaucións, tanto nos adestramentos como nas demais actividades que se realicen".
Cunha data xa no horizonte os clubs da cidade, o Pontevedra Rugby Club e o Mareantes, apuran os preparativos para regresar cando poidan á actividade, no caso dos primeiros tanto na categoría sénior como nas de base.
Por iso explicaron que co inicio dos adestramentos "moi próximo" están a organizar visitas guiadas con aforo limitado para dar a coñecer os protocolos de seguirdad establecidos.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- A 'I Concentración de Escolas de Rugby Confinada', creada por un xogador de 7 anos do Pontevedra Rugby Club
Por Redacción |
-
VIDEO.- O motivador vídeo co que o Pontevedra Rugby Club reflexiona sobre os valores deste deporte
Por Redacción |
-
VÍDEO.- O Pontevedra Rugby Club adestra na casa... á súa maneira
Por Redacción |