Rubiales cita o luns aos presidentes das territoriais para planificar a volta do fútbol non profesional
Por Redacción
A volta do fútbol segue sen data pero cada vez está máis próxima. O presidente da Real Federación Española de Fútbol, Luís Rubiales, acaba de convocar aos mandatarios das federacións territoriais a unha reunión que terá lugar o 31 de agosto na sede da RFEF en Las Rozas para analizar o desenvolvemento das competicións estatais e o calendario das mesmas.
Este xoves ten lugar un encontro a tres bandas entre o ente federativo, a liga e o CSD do que debería saír a planificación do inicio e o sistema de competición das ligas de fútbol profesionais, coa resolución do conflito entre Fuenlabrada, Deportivo e Numancia como principal escollo a superar. Unha vez solventado onde competirán o equipo galego e soriano, a RFEF poderá realizar a distribución de grupos da categoría de bronce e marcar unha data para o inicio dunha competición despois de que a maior parte dos equipos iniciasen as súas pretemporadas.
O presidente da Real Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, confirmou este xoves a súa asistencia á reunión do luns que comezará ás 12.30 horas para comunicar logo aos equipos galegos as principais conclusións da reunión.
Relacionadas:
-
A Real Federación Galega de Fútbol anuncia un desconto na cota dos seguros deportivos
Por Redacción |
-
As ligas volverán en outubro; os adestramentos con contacto, en setembro
Por Manu Otero |
-
A RFEF esixe ao CSD un "plan transversal" para os deportes de equipo antes de iniciar as competicións
Por Manu Otero |
-
A Federación Galega prevé retomar o fútbol rexional en outubro
Por Manu Otero |