Portonovo acolle a XVII Regata Hotel Galatea de Cruceiros ORC
Por Redacción
O Club Náutico Portonovo acollerá o próximo sábado 24 de agosto e domingo 25 a XVII Regata Hotel Galatea Trofeo Pescamar para cruceiros ORC con tripulacións completas e A Dous.
A cita, que conta coa colaboración do Club Náutico de Boiro-Marina de Cabo de Cruz, consiste en dúas etapas costeiras de preto de 20 millas que unen Portonovo con Cabo de Cruz, en Boiro, e volta, sendo a saída o sábado ás 13:00 horas.
A organización espera a presenza de polo menos 30 embarcacións na liña de saída dunha proba que é puntuable para o Circuíto Galego de Cruceiros A Dous.