Iraia Arbeloa, segunda fichaxe do Poio Pescamar
Por Redacción
Mocidade e talento definen á segunda fichaxe estival do Poio Pescamar, coa que quere ir completando un plantel co que aspira a pelexar polos títulos.
A futbolista que aterra en Poio é Iraia Arbeloa, xogadora navarra que procede do Ourense Envialia, club co que a pasada campaña xogou a semifinal polo título de liga.
Arbeloa formouse na canteira do Orvina, e debutou hai dúas tempadas en Primeira División nas filas do Viaxes Amarelle coruñés. É ademais internacional sub-19 con España.
Trátase dunha deportista con "un gran futuro", sinalan desde o club vermello, desde onde aseguran que "destaca pola súa velocidade e desborde" no posto de ala.
Iraia súmase desta forma a un plantel na que xa figuraban como renovadas Silvia Aguete, Carol Agulla, Antía Pérez, Caridad, Daniella Sousa, Ana Rivera e Mirian Ruiz e ao que recentemente se incorporou Luci como primeiro reforzo.
Relacionadas:
-
"Mejorar los resultados de la temporada pasada", obxectivos do Poio Pescamar para unha nova campaña sen data de inicio
Por Almu Dapena |
-
Luci, unha campioa de liga e de Europa como primeira fichaxe do Poio Pescamar
Por Diego Espiño |
-
A RFEF profesionaliza a primeira división do fútbol sala femenino, un paso adiante para o Poio Pescamar
Por Manu Otero |
-
Ana Rivera e Mirian Ruiz completan a rolda de renovacións no Poio Pescamar
Por Redacción |
-
O Poio Pescamar blinda a súa portería para a próxima campaña
Por Manu Otero |
-
Antía Pérez, do Poio Pescamar, preparada para volver á cancha tras a súa operación de xeonllo
Por Redacción |