Poio aspira a organizar o Campionato de España de Dúatlon do 2021
Por Redacción
Inmersos na organización da segunda edición do Dúatlon Poio, o goberno local fai público o seu interese por acoller o Campionato de España desta disciplina o próximo ano. Desde o Concello están seguros de que, coa contrastada experiencia do Club Tríatlon Motobike Poio Galaico na organización deste tipo de probas, reúnen todos os requisitos necesarios para ser elixidos como sede dun evento que atraería ao municipio a máis de 2.000 deportistas.
A segunda edición do Dúatlon Poio terá lugar o próximo 23 de febreiro na contorna da praia de Lourido, no que supoñerá un importante exame para o nacional, que se celebraría no mesmo escenario.
A concelleira de Deportes, Marga Caldas, entende que tanto o Concello como o club contan cunha experiencia "máis que contrastada" na celebración destas probas. “Queremos amosar que somos quen de estar preparados para dar acollida a unha proba desta magnitude”, explica a edila facendo fincapé no importante impuslo que supoñería para o sector hostaleiro e comercial do municipio en plena tempada baixa.
Ademais, o Concello está disposto a asumir a totalidade do investimento para facer realidade esta iniciativa.
Con respecto á segunda edición do Dúatlon Poio, os organizadores lembran que a proba é clasificatoria para o campionato de España. O torneo contará tamén cunha proba popular que dará comezo ás 10.00 horas, mentres que a competición de elite feminina farao hotra e media despois e a masculina, ten previsto o seu comezo ás 13 horas.
Relacionadas:
-
A segunda edición do Dúatlon de Poio, todo un éxito
Por Redacción |
-
O clasificatorio para o Campionato de España de Dúatlon, un exame para Poio
Por Diego Espiño |
-
Fusión no tríatlon local: nace o Motobike Poio Galaico
Por Diego Espiño |
-
O Club Ciclismo Triatlón Poio, preparado para o desafío mundialista
Por Redacción |
-
Ao redor de 150 atletas participan na primeira edición do Dúatlon de Poio
Por Redacción & Diego Torrado |