O Nacional Sénior de Loita, novo evento para o calendario deportivo de Pontevedra en 2020
Por Diego Espiño
Dicía hai uns meses o alcalde de Pontevedra, xusto antes do Campionato de Europa Júnior de Loitas Olímpicas do pasado mes de xuño, que esa competición internacional debía supoñer "o inicio dun enamoramento de Pontevedra coa loita olímpica", e o certo é que vai camiño de ser así.
Tras varios anos de grandes competicións na cidade, o 2020 non será menos, xa que a Federación Española de Loita designou á Boa Vila como sede para o seu gran evento da tempada, o Campionato de España Sénior.
Así figura xa no calendario provisional da Federación, establecendo o sábado 23 de maio como a data escollida para unha cita que traerá ata o Pavillón Municipal dos Deportes aos mellores especialistas nacionais a só uns meses dos Xogos Olímpicos de Tokyo. Nun principio pensábase en realizalo unha semana máis tarde, pero coincidía coa posible celebración na cidade da fase de ascenso á Liga Asobal de balonmán, á que poden optar tanto Cisne como Teucro, e queríase respectar a data.
Desta forma en Pontevedra, moi ligada a esta disciplina a través do Centro Galego de Tecnificación Deportiva, celebrarase a 81ª edición do Nacional de loita grecorromana, a 49ª edición do Nacional de loita libre olímpica e a 23ª edición do Campionato de España Sénior de loita libre feminina, as tres modalidades que entrarán en competición.
A súa organización xa tivo lugar en 2019 en Galicia, concretamente en Santiago de Compostela, congregando a preto de 350 deportistas.
O Campionato de España Sénior de Loita é o segundo gran evento confirmado no calendario deportivo da cidade para 2020, sumándose así ao Nacional de Ciclocrós que por segundo ano consecutivo recalará a beiras do Lérez do 10 ao 12 de xaneiro.
Relacionadas:
-
Preocupación no Concello ante a posibilidade de ter que "reprogramar todo e prescindir dalgúns eventos" deportivos
Por Diego Espiño |
-
Lydia Pérez acode ao Europeo de Loita mirando de esguello os clasificatorios olímpicos
Por Redacción |
-
Pontevedra, capital do piragüismo nacional durante 2020
Por Diego Espiño |
-
Pontevedra organizará en xullo o Campionato de Europa de Fútbol Gaélico
Por Diego Espiño |
-
Anabel Gulías sobre os eventos deportivos de 2020: "Cremos que o ciclocrós pode traer réditos similares ao tríatlon"
Por Diego Espiño |
-
O Nacional de ciclocrós de Pontevedra, primeiro en ter unha carreira inclusiva
Por Redacción |
-
Pontevedra será sede do VII Congreso de Estudos Olímpicos no 2020
Por Redacción |
-
Pontevedra vai pola Copa do Mundo de ciclocrós
Por Manu Otero |
-
A inauguración do Europeo Júnior de Loitas Olímpicas coloca a Pontevedra como "capital do deporte"
Por Redacción & Mónica Patxot |
-
O Europeo Júnior de Loitas Olímpicas "debe ser o inicio do enamoramento de Pontevedra coa loita"
Por Diego Espiño |