Poio abre o calendario do ciclocrós galego cun participación de récord
Por Diego Espiño
Despedido o verán o outono trae consigo o inicio da tempada galega de ciclocrós nun ano especial, no que cada unha das probas da Copa Galicia será puntuable para o ranking nacional e no que Pontevedra acollerá unha Copa e o Campionato de España da especialidade.
De novo será Poio o municipio encargado de dar o pistoletazo de saída do novo curso na que será a terceira edición do Ciclocrós Poio Móvese, unha proba que baterá o seu récord de participación con 393 deportistas nas diferentes categorías.
A competición terá lugar o vindeiro domingo 6 de outubro na zona da Seca nun circuíto de 3 quilómetros no que "fixemos algunha modificacións para darlle máis vistosidade á proba", confirmou o presidente do Poio Bike Club, Paco Albar, acompañado do presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz, e da concelleira de Deportes, Marga Caldas.
A actividade dará comezo ás 9:30 horas da mañá cunha carreira de promoción, e desde as 10:00 horas será quenda da Copa Galicia con diferentes saídas por categorías ata finalizar coa proba elite e sub-23 (12:45 horas).