José Miguel Cano: "No queremos que Bea Gómez se marche, haremos todo lo posible para que siga en el Galaico"
Por Diego Espiño
A poucos días de que Beatriz Gómez Cortés decida o seu futuro o seu actual club, o Natación Galaico, anunciou unha ofensiva para intentar evitar que a súa nadadora máis representativa abandone Pontevedra en busca de mellores condicións para preparar os Xogos Olímpicos de Río 2016.
O presidente do Galaico, José Miguel Cano, non se resigna a perder Bea a pesar de que a propia deportista manifestou que a opción que máis lle chama é seguir o camiño do seu adestrador Pepín Rivera, que fichou polo Club Natación Santa Olaya de Gijón: "aún tenemos esperanza, no queremos que Bea se marche y haremos todo lo posible para que siga en el Galaico".
José Miguel Cano: "Podemos hacer que tenga una calle de 50 metros a su disposición y atención personal del director deportivo del club"
Cano aproveitou a presentación do Campionato Galego e a presenza do alcalde de Pontevedra, Miguel Fernández Lores, e a deputada provincial Begoña Estévez, para buscar o apoio das institucións: "nos gustaría hablar con ellos en los próximos días e intentar ofrecerle lo mismo que le dan en otras partes de España".
O que ten claro o presidente do Galaico é que Pontevedra e o seu club en particular poden ofrecer á nadadora os medios necesarios para preparar nas mellores condicións a próxima cita olímpica, onde Bea Gómez ten depositadas moitas esperanzas: "aquí tenemos todos los medios, podemos hacer que tenga una calle de 50 metros a su disposición y atención personal del director deportivo del club".
Mentres estes moviemientos se producen e Bea prepara a cita mundialista do próximo mes en Barcelona, o tempo para tomar unha decisión esgótase, toda vez que a mesma deportista asegurou que decidirá no prazo que resta para formalizar a súa inscrición na universidade, actividade que pretende compaxinar coa natación.