O CW Pontevedra, bronce no Campionato de España Xuvenil
Por Redacción & Diego Torrado
As instalacións da Escola Naval Militar de Marín convertéronse, desde o pasado xoves e ata este domingo, na sede do waterpolo xuvenil español, xa que aquí disputouse o Campionato de España de segunda categoría da devandita disciplina.
Despois do bo inicio na competición do club anfitrión, o Club Waterpolo Pontevedra, que venceu ao CW Elx, por un 9-6, e ao Casablanca, por un 10-5, volveu triunfar este sábado, afianzándose no bo camiño e liderando, definitivamente, o Grupo A1 do campionato. Durante a tercecera xornada, os pontevedreses derrotaron ao Las Palmas e ao Portugalete, o que significa que conseguiron facer pleno de vitorias (catro en catro partidos). O segundo posto foi para os valencianos (CW Elx), que pasaron á fase final con 9 puntos, tres menos que os locais. En terceiro posto, o Las Palmas con 6, seguido polo Portugalete con 3 e o Casablanca con ningún triunfo e 0 puntos.
Pola súa banda, no Grupo A2, o posto líder foi para o WP Jerez, que pasou nas mesmas condicións que o CW Pontevedra (pleno de vitorias e 12 puntos). En segundo posto o Brains con 9, seguido polo Vigo con 5. As dúas últimas prazas foron para o Lautada (3 puntos) e o Calviá (1).
Como á última fase pasaban os dous primeiros de cada grupo, durante a xornada do domingo, disputáronse, en primeiro lugar, as semifinais, nas que se enfrontaron o Elx e o Jerez, por unha banda, e o CW Pontevedra e o Brains, por outra. Despois da vitoria esmagadora do Jerez sobre os alacantinos (2-9) e a derrota do club anfitrión (6-8), os andaluces terminaron levándose o título despois dun merecido 8-5 na final.
Consulta os resultados dos partidos do Campionato de España Xuvenil de Waterpolo.
Relacionadas:
-
O CN Sabadell ficha a dous xuvenís do CW Pontevedra
Por Manu Otero |
-
O Waterpolo Pontevedra busca cativada para a súa canteira
Por Manu Otero |
-
O equipo cadete confirma o paso adiante do Waterpolo Pontevedra
Por Redacción |
-
Bo inicio do Waterpolo Pontevedra no Campionato de España Xuvenil
Por Redacción |
-
O CW Pontevedra celebra os seus vinte anos coa organización do campionato de España xuvenil
Por Manu Otero |
-
A base do waterpolo galego mídese no Centro Galego de Tecnificación Deportiva
Por Redacción |
-
O Waterpolo Pontevedra organizará en Marín o Campionato de España Xuvenil de 2ª División
Por Redacción |