Irene Trabazo, do Club Ciclista Marín, subcampiona galega de contrarreloxo individual
Por Redacción
A corredora do Club Ciclista Marín Irene Trabazo logrou o segundo posto no Campionato de Galicia de Contrarreloxo individual na categoría cadete, nunha proba celebrada o pasado domingo en Codeseda, A Estrada.
A ciclista marinense quedou tan só 9 segundos da vencedora, Paula Sanmartín, despois de percorrer os 10 quilómetros do circuíto deseñado para a competición e tras igualar o mellor tempo no paso intermedio.
Irene Trabazo encóntrase en plena preparación para os Campionatos de España Escolares de ciclismo en estrada, que terán lugar en León. Recentemente a deportistas do Club Ciclista Marín clasificouse en quinto lugar no Nacional Escolar de BTT.