O Pontevedra CF goza dunhas merecidas vacacións antes de abordar o partido contra o Real Madrid Castela
Por Sofía Lorenzo
Este venres desaproveitou o Pontevedra CF a posibilidade de irse de vacacións dentro dos postos de play-off, perdendo 2-0 contra o Atlético de Madrid B. A pesar diso, fano nunha situación privilexiada (5º posto) e con posibilidades de seguir pelexando por meterse, polo menos, nesas catro posicións tan perseguidas por todos os equipos da categoría para loitar polo ascenso.
Con todo, agora toca descansar. Nove días de desconexión do Nadal. Pouco máis dunha semana que permitirá os xogadores de Luismi, ademais, prepararse mentalmente para afrontar o segundo tramo da tempada da mellor forma posible.
Será o día 31, en Cerponzóns, cando volvan os pontevedreses aos adestramentos, traballando xa no enfrontamento que lles espera o día de Reis (o vindeiro 6 de xaneiro) ante o Real Madrid Castela no Estadio Municipal de Pasarón (último choque da primeira volta). Os granates terán a oportunidade de vencer o filial merengue e superalos, desta forma, na táboa clasificatoria. Sería un bo agasallo para a súa afección nesa xornada festiva.
Relacionadas:
-
Luismi, satisfeito porque o plantel "se cuidó en vacaciones"
Por Diego Espiño |
-
Sufrimento ata a última xornada para manterse na Segunda B
Por Diego Espiño |
-
Ánimos renovados na volta ao traballo do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A eficacia do Atlético de Madrid B imponse ao xogo gris do Pontevedra (2-0)
Por Redacción |