Carrilanas a toda velocidade para unha fin de semana de diversión en Pintos
Por Redacción & Diego Torrado
Sen motor pero a toda velocidade para facer as delicias do público.
Así baixaron durante toda a fin de semana as carrilanas en Pintos, Marcón, escenario por segundo ano consecutivo do Campionato de España de Deportes de Inercia.
Os pilotos demostraron a súa pericia para completar os case 2 quilómetros de percorrido superando grandes pendentes e importantes curvas cos seus vehículos artesanais, saíndo desde o polígono do Campiño.
Tras unha xornada de adestramentos durante a tarde do sábado, a competición decidiuse nas dúas mangas oficiais cronometradas previstas na mañá do domingo.
O Campionato de España de Deportes de Inercia contou con preto de 60 vehículos participantes e pilotos chegados de diferentes puntos de Galicia e sobre todo o norte peninsular, de lugares como Asturias, Cantabria e País Vasco.