525 padexeiros participarán este domingo no I Trofeo Entre Pontes
Por Redacción
A Escola de Piragüismo Cidade de Pontevedra organiza o primeiro Trofeo Entre Pontes, que se desenvolverá este próximo domingo entre a desembocadura do río Lérez nas Corbaceiras ata a praia fluvial.
Trátase dunha proba que ofrecerá un espectáculo demandado polos afeccionados a este deporte na canle do Lérez, segundo palabras do presidente da Federación Galega, Alfredo Bea. Inscribíronse a esta competición 402 barcos, 525 piragüistas e 39 clubs que participarán en catro categorías: cadete, xuvenil, senior e veterano, nas modalidades K1, K2, C1 e C2.
Está previsto que as probas se inicien ás 10.30 horas no peirao de As Corbaceiras. Discorrerán por un trazado de 7.500 metros iniciándose no lateral de Poio ata a chegada á praia fluvial do Lérez para regresar polo lado de Pontevedra ata o punto de saída. As saídas realizaranse cada dous minutos.
Este luns, a concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, acompañada polo presidente da Federación Galega de Piragüismo, Alfredo Bea, e por Miguel Ángel Villanueva e Óscar Ponte, adestrador e presidente do Club Escola de Piragüismo Pontevedra, presentaban este trofeo que será a antesala cargado a unha semana chea de competicións deste deporte, co campionato de España de Pista, que contará con máis de 800 participantes.
Relacionadas:
-
O trofeo Entre Pontes queda na casa coa vitoria do Ciudad de Pontevedra
Por Redacción & Diego Torrado |
-
Vitoria do Naval de Pontevedra no campionato galego de piragüismo en pista
Por Redacción |
-
A Escola de Piragüismo Ciudad de Pontevedra vence no Descenso do Miño
Por Redacción |
-
Segundo posto para o Ciudad de Pontevedra no Nacional de Piragüismo de Ríos e Travesías
Por Redacción |