Reválida para o Teucro ante o Ángel Ximénez en busca do play-off de ascenso
Por Diego Espiño
A Sociedad Deportiva Teucro afronta unha nova oportunidade de asegurarse a súa presenza no play-off de ascenso á Liga Asobal.
Despois do tropezo do pasado sábado ante o Bidasoa, os azuis reciben no Municipal (sábado 20:00 horas) a un Ángel Ximénez que perdeu as opcións de ascender directamente pero que intentará asegurarse xogar a fase como local.
O equipo teucrista debe vencer e que o Torrelavega tropece no 'derby' cántabro ante o Adelma Sinfín, ou esperar á última xornada da liga regular en Alcobendas. Para iso Javier Barrios terá á súa disposición a todos os seus xogadores, salvo o lesionado César Armán, incluíndo un Alejandro Pombo con problemas durante a semana pero que xa se exercitou con normalidade.
Un dos homes importantes para os pontevedreses será o arxentino Juan Bar, que ten claro cales son as claves do encontro, "ellos son un equipo duro, juegan bien al balonmano y allí nos ganaron bien. Tenemos que hacer nuestro juego y eso pasa por defender bien, que en estos últimos partidos nos costó, correr y salir al contraataque".
O porteiro teucrista aproveita ademais para pedir un esforzo aos afeccionados e que acudan ao Pavillón, "cuanta más gente mejor, más presión para el Puente Genil. El sábado ante el Irún fue lindo, me quedo con el aplauso final porque nos dejamos la piel y lo vamos a volver a hacer".
Os acompañantes dos socios poderán entrar gratis ao Municipal.