"Amigos do socio, amigos do Teucro" os socios poderán invitar a todos os acompañantes que desexen no último partido de liga
Por Diego Espiño
A Sociedad Deportiva Teucro intentará encher o Pavillón Municipal no último e transcendental partido de liga na súa cancha. Os azuis, cun punto de vantaxe sobre o Torrelavega a falta de dúas xornadas para o final da liga regular, xogarase boa parte dos seus opcones de clasificarse para o play-off de ascenso á Liga Asobal ante o Anxo Ximénez, terceiro clasificado.
Para lograr ese apoio a directiva teucrista, baixo o lema "Amigos do socio, amigos do Teucro," decidiu que todos os socios poidan invitar aos acompañantes que desexen ao partido do próximo sábado (20:00 horas).
Carlos García-Alén: "Si antes necesitábamos apoyo ahora necesitamos llenar el Pabellón. Hay que ganar sí o sí"
O presidente de club, Carlos García-Alén, xustifica a decisión na ilusión depositada neste tramo final despois de cumprir de sobra o obxectivo marcado a principio de curso, que era lograr a permanencia na categoría, "si antes necesitábamos apoyo ahora necesitamos llenar el Pabellón. Hay que ganar sí o sí, dependemos de nosotros, no era nuestro objetivo pero después de tenerlo ahí, pensar que te pueden dejar fuera sería un disgusto enorme tras una gran temporada".
O partido servirá ademais de colofón á campaña "Es un 10", na que o Teucro esperaba recadar 40.000 euros que axudasen ás maltreitas arcas do club, unha cifra que non se conseguirá aínda que o balance sexa, para o presidente, moi positivo, "nos vamos a quedar lejos de esa cifra pero el otro objetivo, que era animar e ilusionar de nuevo a los aficionados creo que se ha conseguido, me he quedado muy satisfecho de la respuesta del público ante el Bidasoa".