Duro golpe para o Leis ao perder na cancha do pechacancelas, o Unión Arroyo
Por Redacción
Mal partido do Leis Pontevedra, nunha xornada que marcaba en vermello no calendario para tentar distanciarse dos postos de descenso na Segunda División B.
Os pontevedreses víronse superados na cancha do pechacancelas da competición, o Unión Arroyo, vítima dos seus propios erros (7-6).
Ao 30 segundo de partido os de Manu Cossío xa perdían 1-0. Tentaron repoñerse pero diversos fallos en defensa e en ataque fixéronos chegar ao decanso en desvantaxe de 3 a 2.
Todo cambiou ao comezo do segundo acto e o Leis, coas ideas máis claras, conseguía remontar para poñerse 3-5. Sen embargo volveron os erros e o conxunto valisoletano volvía tomar vantaxe.
Chegou a empatar de novo o equipo pontevedrés para tentar rescatar polo menos un punto, pero un dobre penalti serviría ao Unión Arroyo para levar o triunfo.
Con este resultado o Leis queda na décima posición con 6 puntos.