Cea de confraternidade de históricos do Pontevedra C.F.
Por Redacción
Ex xogadores do Pontevedra Club de Fútbol reuníronse na vila de Portonovo (Sanxenxo) este venres para reencontrarse nunha cea de confraternidade que vén celebrando desde hai varios anos.
Nestes encontros relátanse anécdotas de anteriores etapas do club granate. Nesta cita atopáronse xogadores da época do "Hai que roelo" e tamén pertencentes a xeracións posteriores.
Entre eles atopábanse Martín Esperanza, Calleja, Fuertes, Suso, Albino, Canosa, Domínguez, Rivas, Norat, Churruca, Bea, José Emilio, Tuto, Benito Rivas e Paco. Tampouco faltou á cita o incombustible socio número 5 do club, Severino Penelas "Seve".