Soñando con ser Denis Suárez
Por Diego Espiño
O campo de fútbol da Xunqueira II viviu este mércores unha xornada de ilusión e emoción para os participantes no campus de fútbol Denis Suárez, que se está a celebrar tamén no campo de Baltar, en Portonovo.
O xogador do Fútbol Club Barcelona visitou aos xóvenes futbolistas, desexosos de compartir adestramento con el e tamén someterlle a un particular e divertido terceiro grao.
"Qué tal es jugar con Messi, qué tal ha ido la temporada, cómo ha ido el Europeo... me han preguntado un poco de todo", recoñeceu o propio Denis Suárez.
"Es bonito, porque yo también de pequeño siempre iba a este tipo de campus y cuando venía un jugador del Celta ya flipábamos, así que imagínate", sinalou o futbolista de Salceda de Caselas, que cando era pequeno, como os participantes agora do seu campus, soñaba "con llegar a lo más alto, con jugar en equipos como el Barcelona. Yo he tenido la suerte de llegar y estoy muy orgulloso".
Denis Suárez falou tamén sobre o seu futuro inmediato, que pasa por afrontar a súa segunda tempada no primeiro equipo do Fútbol Club Barcelona, ás ordes esta vez de Ernesto Valverde. Un novo adestrador e "muchas ganas de empezar", por iso recortará ao máximo as súas vacacións e iniciará a pretempada desde o primeiro día coa intención de "ganarme su confianza".
O campus continuará a súa actividade na Xunqueira ata o vindeiro sábado 8 de xullo.