Marín, sede do Campionato Galego de Halterofilia
Por Redacción
A halterofilia galega ten unha cita esta fin de semana en Marín, onde se darán cita os grandes especialistas deste deporte a nivel autonómico.
O pavillón da Cañota acollerá o sábado 6 de maio, desde as 10:00 horas, o Campionato Galego para as categorías junior e senior baixo a organización do Club Rías Baixas de Pontevedra.
Serán un cento os deportistas que compitan na cita, procedentes dos cinco clubs galegos que practican esta modalidade deportiva olímpica.
Entre os inscritos destaca a presenza do coruñés Víctor Castro, campión de Europa Sub-23 en 2014 e que agora pelexa por entrar no equipo nacional absoluto.
A entrada na Cañota será de balde para o público.