O xogador do Barcelona Rafinha visita o campo da Xunqueira
Por Redacción
Os xogadores e afeccionados que este sábado acudiron ao campo de herba sintética da Xunqueira para ver o encontro dos xuvenís do Pontevedra e o Celta B atopáronse coa visita sorpresa do xogador do fútbol club Barcelona, Rafinha Alcántara.
O centrocampista brasileiro aproveitou o parón ligueiro para achegarse ás Rías Baixas onde se formou, e visitar aos seus amigos da infancia. É fillo do ex futbolista Mazinho e irmán menor do tamén futbolista Thiago Alcántara.
Aínda que o futbolista ía ben tapado os rapaces da base do Pontevedra non tardaron en recoñecelo e sacar fotos con el. Rafinha estivo moi próximo cos nenos aspirantes a futbolistas, tanto que mesmo foi el mesmo quen realizou un selfie co teléfono dun dos mozos, como explicou o xornalista Xabier Fortes.
Rafinha aprovecha parón liguero para ver el Pontevedra-Celta juvenil. Aquí con mi hijo (inferior derecha) y el equipo alevín del Pontevedra. pic.twitter.com/1WrRUi9w8P
— Xabier Fortes (@xabierfortes) 25 de marzo de 2017