As condicións meteorolóxicas, protagonistas do PonteOriBike 2017
Por Redacción
O mal tempo, especialmente do sábado, con choiva fina que empeoraba por momentos e a aparición da néboa, engadiron maior dificultade á primeira cita da tempada na Liga Española de Orientación en Bicicleta de Montaña, o PonteOriBike 2017.
A competición celebrada durante a fin de semana en Bueu e Poio, organizada polo Club Aromon Pontevedra, reuniu a 160 deportistas, sendo ademais o Cameponato Galego da especialidade.
Durante a xornada de sábado tivo lugar a proba de media distancia na zona de Ermelo-Pastoriza, en Bueu. O terreo, moi técnico, requiría de destreza no manexo da bicicleta e a lectura do mapa e ademais complicábase coa humidade que facía resbaladizo o percorrido co engadido de dificultade que supoñía a néboa.
Pola súa banda durante o domingo, con algún chaparrón pero con mellores condicións, celebrouse a proba de longa distancia na Escusa, Poio, nun terreo máis aberto e accesible que facilitou a competición.
Ao final, trala suma das dúas xornadas, os gañadores do Trofeo Marco Antonio Blanco foron Ángel García (Club Brigantia) e María del Mar Delgado (IES Sabón), segundos concluíron David Toll (Ceobtt) e Susana Arroyo (Sotobosque) e terceiros Pablo Samper (Gocan) empatado con J.J. Sancosmed (Orientación Coruña) na categoría masculina e Teresa Barreira (Montaña Ferrol) na feminina.
Relacionadas:
-
O Pontillón do Castro e o Monte Xiabre, escenarios do Campionato de España de Orientación MTB
-
A orientación tamén é un deporte para escolares
Por Mónica Patxot |
-
Bueu e Poio, escenario da primeira proba da Liga Española de Orientación en BTT
Por Redacción |
-
Primeiros pasos da tempada para o Club Aromon Pontevedra nas ligas de orientación
Por Redacción |
-
Montañeiros A Roelo traballa na creación dunha escola deportiva de orientación
Por Diego Espiño |