O doutor Cota presidirá en Pontevedra un congreso internacional sobre medicina deportiva
Por Redacción
O Pazo da Cultura de Pontevedra acollerá os días 18 e 19 de maio a edición número 12 do congreso bienal da Sociedade Española de Traumatoloxía do Deporte (SETRADE).
Trátase dunha cita de carácter internacional que analizará, desde unha perspectiva multidisciplinar, a carrerra dun deportista e o fútbol, tendo en conta a natureza das lesións, pero tamén a prevención e a recuperación.
Presidido polo doutor Juan García Cota, o congreso contará con "un elenco de especialistas nacionais e internacionais, expertos de prestixio en cada materia moi difícil de superar en canto a calidade científica no referente á Traumatoloxía do Deporte", sinalou.
O encontro científico diríxese a profesionais implicados na abordaxe da patoloxía do corredor e do futbolista: traumatólogos, fisioterapeutas, podólogos e grao en ciencias da Actividade Física e Deporte.
Entre os participantes atópanse expertos internacionais como o sueco Dr. Hakan Alfredson, o suízo Dr. Stefan Eggli ou o Dr. Steven Singleton, de Estados Unidos, que ata hai uns meses formaba parte do Equipo da Steadman Clinic de Colorado (EUA), un dos centros máis prestixiosos do mundo no ámbito da traumatoloxía deportiva.
Relacionadas:
-
Ascender co Pontevedra, co Celta ou gañar o Mundial: Que recordo emociona máis ao doutor Cota?
Por Diego Espiño |
-
Doutor Cota: "Los niños en edades tempranas están teniendo lesiones mucho más graves que antes"
Por Diego Espiño |
-
300 especialistas en traumatoloxía deportiva xuntaranse en maio en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |