Novos campionatos de España para Pontevedra, os de Tiro con Arco Tradicional e Arco Nu
Por Diego Espiño
O 2013 vai camiño de converterse nun ano histórico para a cidade de Pontevedra ante a multitude de eventos deportivos de primeiro nivel que organizará. Aos recén finalizados Campionatos de España de Tenis de Mesa e os xa confirmados de Natación Open, Piragüismo en Pista ou Dúatlon súmanse agora os Nacionais de Tiro con Arco nas modalidades de Arco Tradicional, no seu duocémia edicicón, e Arco Nu, na súa décima.
O calendario oficial da Federación Española de Tiro con Arco confirma a celebración de ambos os dous eventos, previstos para os días 8 e 9 de xuño nas instalacións do Casino Mercantil.
Preto de 150 deportistas das diferentes federacines autonómicas competirán en Pontevedra nas dúas modalidades. A de Arco Tradicional caracterízase porque o arco está construído totalmente en madeira, ademais de usarse frechas con plumas naturais. Pola súa banda, o Arco Nu é o actual, como o que pode verse nos Xogos Olímpicos, pero sen ningún engadido ou axuda como visores ou estabilización.
Os arqueiros das dúas modalidades deberán acertar nunha diana disparando as frechas dende dúas distancias, 18 e 30 metros, producíndose unha primeira fase de cualificación que despois desenvocará nas eliminatorias directas que enfrontarán cara a cara aos deportistas ata as respectivas finais.