O Open de Croacia, novo reto para o taekwondo pontevedrés
Por Redacción
O taekwondo pontevedrés estará ben representado no Open de Croacia que se disputa esta fin de semana.
Tras competir no recente Open de Serbia, Katya Calvar e Pablo Fernández, do Mat's de Marín, repetirán así nun torneo de categoría G1 dentro do equipo que desprazará á cita a Federación Española de Taekwondo. Katya participará na categoría de -67 quilos, mentres Pablo Fernández farao na de -87 quilos.
Ademais completa a representación galega Javier González (Mace Sport) na categoría junior, participando no peso de -63 quilos. O deportista pontevedrés, que agora adestra no Centro de Alto Renidmiento de Murcia, afronta unha das súas primeiras competicións da tempada.
O Open de Croacia conta cunha inscrición de 1.100 deportistas, estando previsto que os deportistas senior compitan durante o sábado 12 de novembro e os cadetes e junior durante o domingo 13.