Tres pontevedreses, rumbo ao Mundial de kick boxing
Por Redacción
A capital de Irlanda, Dublín, será escenario desde o vindeiro sábado 27 de agosto do Campionato do Mundo 'Wako' de kick boxing nas categorías de base, cadete e junior, unha competición que terá representación pontevedresa.
Alí estarán tres deportistas do ABP Sport da cidade de Lérez, todos eles actuais campións galegos e de España nas súas respectivas categorías.
En terras irlandesas competirán Isaac Otero (categoría 10-12 anos), Nicolás Medranda (13-15 anos) e Javier Cortegoso (13-15 anos).
Xunto a eles viaxa tamén o entrandor do seu club, José Manuel Santiago, que ademais será responsable da Selección Galega con tres deportistas máis de Santiago, un da Coruña e catro de Ferrol.
O Campionato do Mundo de kick boxing prolongarase ata o próximo 4 de setembro.