O Teucro recibe o Amenabar de Zarautz coa dúbida de Juan Bar
Por Diego Espiño
O estado físico de Juan Bar é a maior preocupación de Javier Barrios ante a visita do Amenabar de Zarautz ao Pavillón Municipal (Sábado, 20:00 horas).
O gardameta sofre unha distensión que ten impedido adestrarse con normalidade durante a semana, pero o corpo técnico dos azuis é optimista de cara á participación dunha das pezas básicas do equipo.
César Armán, lesionado ata final de tempada, é a única baixa confirmada dos teucristas, que intentará lograr ante o equipo vasco unha vitoria que lles manteñan na pelexa polo postos de play-off, un reto que para o técnico lerezano non será nada sinxelo a pesar da clasificación do rival, décimo, "creo que es un equipo muy difícil, nadie consigue sacarlos de los partidos aunque le hagas un buen parcial en contra. Tienen una buena portería y tres o cuatro jugadores muy peligrosos".
"Para nosotros este sábado hasta el Ravachol será un rival"
Barrios pide un esforzo á afección para que axude ao equipo a manterse na zona nobre da táboa, "si queremos ir hacia arriba tenemos que conseguir llenar el Pabellón. En el partido de Zarautz el ambiente era espectacular, daba envidia, y nosotros necesitamos ese apoyo, esa presión al rival y a los árbitros. Para nosotros este sábado hasta el Ravachol será un rival".