O ascenso do equipo feminino da Gimnástica pasa por Cáceres
Por Redacción
A Sociedad Gimnástica xa coñece a sede da Final de 2ª División Feminina, na que buscará o ascenso que se lle escapou por moi pouco a pasada tempada.
A Real Federación Española de Atletismo comunicou aos equipos que a competición se disputará en Cáceres.
Na cidade estremeña a Gimnástica partirá na segunda posición do ránking segundo o establecido no estadillo de marcas, só superado polo ADAS do Barco.
Na final, que se celebrará o domingo 12 de xuño, ascenderán os dous primeiros clasificados, nunha competición na que participan os oito mellores clubs da categoría.
Ademais do ADAS e a Gimnástica tomarán parte da fase final: Bahía Algeciras, Perceiana-Extremadura, Clínicas Rincón Vélez, AD Gijón, Sekulebedarra Kirol e At.Safor.
Relacionadas:
-
O equipo feminino da Gimnástica ascende a Primeira División
Por Redacción |
-
A Gimnástica, a facer un bo papel na final da División de Honra
Por Redacción |
-
A final da División de Honra de atletismo, en Castellón
Por Redacción |
-
A Gimnástica métese na final polo título de División de Honra
Por Redacción |
-
A Gimnástica terá desquite polo ascenso a Primeira División Feminina
Por Redacción |