A Gimnástica, triunfador no Galego de Probas combinadas
Por Diego Torrado
A Sociedad Gimnástica de Pontevedra foi profeta na súa terra demostrando o potencial do equipo no Campionato Galego de Probas Combinadas celebrado durante a fin de semana no Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
A climatoloxía foi unha das protagonistas da competición, cunha xornada de sábado moi complicada e unha agradable mañá deportiva durante o domingo.
En canto á competición, o equipo masculino da Gimnástica foi o gran dominador, ao lograr a primeira posición grazas aos 5.712 puntos de Santi Ferrer no décatlon absoluto, os 3.433 puntos de Marco Martínez e 3.258 de Pablo Tojal no óctatlon cadete.
En categoría feminina, a Gimnástica foi terceira grazas á puntuación das súas atletas cadetes, con María Jiménez (2.552 puntos), Alesandra Campo (2.452 puntos) e Andrea Villaverde (2.283).
Relacionadas:
-
As lesións condicionan á Gimnástica no inicio da División de Honra
Por Redacción |
-
Subcampionato galego para a Gimnástica antes do inicio da División de Honra
Por Redacción |
-
O Campionato de Galicia de Clubs mide o estado de forma da Gimnástica
Por Redacción |
-
O Campionato de Galicia de Probas Combinadas, reto na casa para a Gimnástica
Por Redacción |
-
Notables marcas para os atletas da Gimnástica en Maia
Por Redacción |