O karate galego mostra o seu potencial
Por Diego Torrado
Por primeira vez Pontevedra acolleu unha competición oficial de karate coa disputa do Campionato Galego Absoluto e Adaptado.
Fíxoo o pasado domingo nun Pavillón Municipal dos Deportes que reuniu a preto de medio cento de deportistas durante unha intensa e animada tarde de competición.
O club local, Gimsport, realizou unha demostración con todos os seus alumnos para redondear unha xornada na que Jenaro Morán (River Stone) e Noelia Cortiñas (Shihan Lugo) impuxéronse na modalidade de kata, mentres en kumite os gañadores foron Carlos Vázquez (Renbukan), Nerea Bellido (San Francisco), Iván Vázquez (ESK), Jesús Rivera (ESK) e José Pita (Santiago Apóstolo).
Completou o palmarés Marcos Movilla (Karate Club Maceda) en categoría adaptada.
Todos os participantes buscaban ademais gañar o dereito para participar no próximo Campionato de España.