Víctor Riobó e Solange Pereira cumpren os prognósticos na XVIII Milla Urbana San Miguel
Por Diego Torrado
O atletismo viviu na xornada especial este sábado en Marín coa disputa da XVIII Milla Urbana San Miguel, nunha edición na que se rendeu homenaxe á historia do club marinense.
Preto dun cento de atletas históricos do club participaron nos actos, nos que se presentou o libro 'Máis aló da lenda', escrito por Lito Gesteiro e Mario Barreiro.
No estritamente deportivo cumpríronse os prognósticos nas probas absolutas masculina e feminina, onde dous dos grandes expoñentes da milla en Galicia, Víctor Riobó e Solange Pereira, repetiron triunfo.
Riobó marcou un tempo de 4:34 e impúxose ao sprint a Adrián Lago e Jorge Puig, mentres a canguesa Solange Pereira gañou con máis claridade (5:05) por diante de Leticia Fernández (5:10) e Sandra Mosquera (5:20) que completaron o podio.
Antes das carreiras absolutas de celebráronse as probas de afeccionados e categorías inferiores cunha importante cifra de participación.