Pontevedra será saída e chegada da última etapa da XIV Volta a Galicia
Por Diego Espiño
A décimo cuarta edición da Volta Ciclista a Galicia terá parada en Pontevedra o próximo mes de setembro.
A cidade de Lérez será concretamente saída e chegada da última e definitiva etapa da rolda, que contará con tres días de competición entre o 18 e 20 do citado mes.
Desta forma o pelotón, de categoría elite e sub-23, buscará o triunfo final na etapa pontevedresa, nun percorrido de preto de 160 quilómetros que se dirixirá á bisbarra do Salnés e contará cunha ascensión ao porto da Escusa antes de chegar a Pontevedra, emulando parte do traxecto que realiazó a Vuelta a España.
A saída está fixada para as 10:00 horas e a chegada, segundo o horario previsto, para pouco antes das 14:00 horas.
A competición está organizada pola Federación Galega de Ciclismo.
Relacionadas:
-
Domingo de ciclismo na cidade de Lérez coa terceira e última etapa da Volta a Galicia
Por Diego Espiño |
-
Test en Portugal ante profesionais antes da Volta a Galicia
Por Redacción |
-
O Froiz acode a Valencia mirando de esguello a Volta a Galicia
Por Redacción |
-
Sanxenxo, colofón dunha Volta Galicia que se leva Aitor González
Por Redacción |