Echegoyen e Betanzos manteñen as súas opcións en Río a falta da última xornada
Por Redacción
A só unha xornada para a conclusión da Semana Internacional de Río de Janeiro, Támara Echegoyen e Berta Betanzos manteñen as súas opcións de alcanzar o podio na prestixiosa cita, na que tratan de aclimatarse ás condicións que se encontrarán na competición olímpica.
Despois de catro novas mangas a regatista pontevedresa e a súa compañeira no 49er FX mantéñense na quinta posición, empatadas co cuarto posto e a catro puntos do caixón de honra.
O dúo galego-cántabro segue con opcións tras superar unhas difíciles condicións no campo de regatas, na baía de Guanabara, "con cambios de intensidade e de dirección de correntes", explicou Támara.
"É un campo de regatas difícil, pero tamén moi divertido. Seguimos aprendendo e sumando horas na auga", asegurou a pontevedresa antes de afrontar as tres últimas managas.
Na clasificación xeral as danesas Maiken e Anne Julie Shütt colocáronse líderes tras superar as neozelandesas Alexandra Maloney e Molly Meech.
Relacionadas:
-
Sexta praza final para Támara Echegoyen e Berta Betanzos en Río de Janeiro
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen e Berta Betanzos pelexan polo podio da Semana Internacional de Río de Janeiro
Por Redacción |
-
Oitavo posto para Támara Echegoyen no arranque da Semana Internacional de Río de Janeiro
Por Redacción |