A triatleta pontevedresa Sonia Pariente triunfa na media distancia na Coruña
Por Redacción
Non era a principal favorita, pero sen facer ruído conseguiu un importante triunfo que a consolida no circuíto galego e a reforza de moral para o tramo final da tempada.
A pontevedresa Sonia Pariente, do GV Sports, impúxose o pasado domingo no II Triatlón Hércules XTRM celebra na Coruña.
Trátase dunha proba de media distancia, con 1,9 quilómetros de natación, 90 de ciclismo e 21 de carreira a pé.
O Hércules XTRM, que contou con carce de 600 participantes, desenvólvese integramente pola zona urbana da Coruña, rúas polas que a pontevedresa dominou dende os primeiros compases para finalizar cun tempo de 5 horas, 16 minutos e 13 segundos.
En categoría masculina o vencedor foi Uxió Abuín (4:16:04).