Támara Echegoyen e Berta Betanzos, a polo Europeo de 49er en Porto
Por Redacción
A localidade portuguesa de Porto acollerá a partir deste luns 6 de xullo o Europeo das categorías masculina e feminina de 49er e nel as regatistas Támara Echegoyen e Berta Betanzos loitarán con uñas e dentes por subir ao podio continental.
É unha das citas máis importantes da tempada e por iso o tándem galego-cántabro xa leva varias semanas adestrando en augas da cidade lusa que albergará o campionato.
Sen lugar a dúbidas, o bronce na proba da Copa do Mundo celebrada en Weymouth o pasado mes de xuño deu forzas ao Echegoyen e Betanzos para loitar por este novo reto continental. De aí que prometan pelexar ata o final por cumprir o seu obxectivo e colgarse unha nova medalla.
Cun campo de regatas que a patroa galega coñece ben e no que se espera que as condicións meteorolóxicas sexan perfectas para a navegación durante todo o campionato, o dúo español tratará de aproveitar ao máximo cada manga para impoñerse ante unha frota que, sen dúbida, non se o poñerá nada doado.
O pistoletazo de saída para Támara e Berta será o luns a partir das 13:00 horas e non será ata o sábado cando se coñecerá as gañadoras do Europeo.