O Natación Galaico proclámase campión galego absoluto en Santiago
Por Redacción
Logo de tres días de competición na piscina de Santa Isabel, en Santiago de Compostela, o Campionato Galego de Natación Absoluto de Inverno proclamou como mellor club ao Galaico Pontevedra.
O equipo pontevedrés impúxose na clasificación conxunta ao Natación Coruña e Natación Ferrol respectivamente, grazas ao seu primeiro posto en categoría feminina e o seu segundo posto na masculina.
Beatriz Gómez Cortés logrou rebaixar as mellores marcas do campionato nos 100 libres e en 50 bolboreta, mentres Juan David Hernández mellorou a súa marca en 200 braza en menores de 13 anos.