O Marcón déixase tres puntos e a tranquilidade tras caer ante o Erizana (3-1)
Por Redacción
Máis que tres puntos, que tamén, o Marcón desaproveitou en Baiona a posibilidade de ver o final de liga dende a tranquilidade dunha posición que aseguraría a permanencia.
Os pontevedreses perderon na casa dun rival directo, o Erizana (3-1), e sitúanse a só dous puntos da zona que podería supoñer arrastres polos decensos de Terceira División.
Cederon os de Carlés a pesar de que o choque se lles puxo moi de cara nos primeiros minutos polo gol de Pablo nada máis comezar e pola temperá expulsión do local Martín aos 24 minutos tras unha entrada a destempo.
Malia a inferioridade numérica o Erizana logrou empatar ao fío do descanso dende o punto de penalti por medio de Borja Zamorano.
Xa na segunda metade, os de Baiona culminaban a remontada con dous rápidos goles de Miguel nos minutos 47 e 52.
O Marcón queda agora na décimo quinta praza con 41 puntos.
ERIZANA CF (3): Ignacio, Martín, Alejandro Pérez, Liébanas, Pablo Sancho, Antón (Manuel, min.30), Borja Zamorano (Ricardo, min.81), Miguel, Víctor Fernández (Iván, min.71), Marcos Rodríguez (Cabral, min.49), Bastero.
MARCÿN ATLÿTICO (1): Joaquín (Juli, min.70), Álvaro (Damián, min.79), Pablo, Valiñas, Sapi, Iván, Iago (Rodri, min.61), Chamadoira (Steve, min.56), Héctor, Martín, Baptiste.
Árbitro: Elespe Tireux. Amoestou aos locais Víctor Fernández, Borja Zamorano, Iván e Ignacio e aos visitantes Martín, Pablo, Álvaro, Héctor, Baptiste e Sapi. Expulsou con vermello directo a Martín no Erizana (min.24).
Goles: 0-1 Pablo (min.1), 1-1 Borja Zamorano de penalti (min.44), 2-1 Miguel (min.47), 3-1 Miguel (min.52).
Incidencias: Partido disputado no Val Martín de Baiona.