YO SI TRI, nova denominación do triatlón popular Cidade de Pontevedra
Por Redacción
Inicialmente estaba prevista a súa celebración no mes de agosto, pero ao final o tríatlon popular Cidade de Pontevedra adiantarase ao 12 de xullo.
Farao baixo a denominación de YO SI TRI, un circuíto nacional que acaba de ser presentado con catro carreiras populares no que a cidade de Lérez será a súa segunda parada, tras a estrea do 9 de maio en Madrid
A inclusión de Pontevedra neste circuíto foi anunciada a mediados de febreiro polo presidente da Federación Española de Triatlón, impulsora do proxecto xunto ás federacións territoriais co obxectivo de achegar o tríatlon aos deportistas afeccionados facéndoo accesible a todos os públicos.
Ademais de Madrid e Pontevedra confirmáronse as datas de Ávila (26 de xullo) e Santander (13 de setembro).
O YO SI TRI se compoñerá de probas de esixencia variable, dende o supersprint (300 metros de natación, 10 quilómetros de bicicleta e 2,5 quilómetros a pé), pasando por unha proba de relevos con equipos de tres compoñentes, un supersprint paralímpico, a distancia sprint (750 metros, 20 e 5 quilómetros respectivamente) e a distancia olímpica (1,5 quilómetros a nado, 40 de ciclismo e 10 de carreira) que ademais será clasificatoria para o Campionato de España.
As inscricións para esta carreira popular poderanse formalizar a partir do próximo 8 de abril.
Relacionadas:
-
Pontevedra prepárase para a versión máis popular do seu tríatlon
Por Diego Espiño |
-
Javier Gómez Noya encabeza a inscrición do Campionato de España de Tríatlon Sprint en Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
O triatlón popular Cidade de Pontevedra integrarase nun circuíto nacional de cinco carreiras
Por Alejandro Espiño |