O Leis volve de baleiro da súa viaxe a Segovia tras perder (2-4) ante o Cuéllar Cojalba
Por Redacción
A vitoria ségueselle resistindo ao Leis Pontevedra. Ben é certo que o rival non era o propicio para sumar os tres puntos. O equipo de Manu Cossío desprazouse este fin de semana a Segovia para enfrontarse ao Cuéllar Cojalba, o terceiro clasificado da Segunda División B de fútbol sala. E aínda que o intentaron, os locais remataron impoñéndose por 4-2.
O partido comezou cun duro golpe para os pontevedreses. O Cuéllar lograba inaugurar o marcador electrónico na primeira xogada, grazas a un gol de Pablo. Pero lonxe de afundirse, o Leis lograba o empate por medio dun potente disparo de Álex que entraba pola escuadra da portaría local.
Antes do descanso, os segovianos volvían adiantarse. O 2-1 marcábao, de novo, Pablo. Ambos os dous porteiros impediron que o marcador se movese máis.
Xa na segunda parte, o Leis optou por esperar en media pista a súa oportunidade para saír con velocidade, un plan que permitiu que o equipo pontevedrés acumulase ocasións que non chegaban a concretarse.
Co paso dos minutos o partido igualábase e non contaba cun dominador claro. Anotaría primeiro o Leis por medio de Pocho, aínda que o conxunto local marcaría un minuto despois grazas a un disparo de Chuki.
Os homes de Manu Cossío intentaron subir a súa defensa en busca da igualada. Non obstante, as mellores oportunidades serían dos locais que se toparían cun inspirado Rubén, mesmo parando un dobre-penalti. Ao final, nos últimos segundos do partido Rober estableceu o 4-2 definitivo.
FS CUÿLLAR COJALBA (4): Cano, Chukito, Corrus, Pablo, Taveras -cinco inicial-, Gonza, Chuki, Rober, Lalo, Higinio e Valco.
LEIS PONTEVEDRA (2): Rubén, Alex, Gabriel, Barcala, Gustavo -cinco inicial-, Carlos, Daniel, Sergio, Pablo e Pocho.
Goles: (1-0) Pablo, minuto 1. (1-1) Álex, minuto 11. (2-1) Pablo, minuto 17. (2-2) Pocho, minuto 33. (3-2) Chuki, minuto 34. (4-2) Rober, minuto 39.
Incidencias: Partido disputado no pavillón de Santa Clara (Cuéllar, Segovia) Uns 300 espectadores.