Décimo oitavo posto para Adrián Esperón e Patricia Martínez no Mundial de 10 Bailes
Por Redacción
Bo papel de parella pontevedresa de baile deportivo Adrián Esperón e Patricia Martínez no Campionato do Mundo de 10 Bailes celebrado na localidade lituana de Riga.
Patricia e Adrián finalizaron no décimo oitavo posto a competición nun concurso dominado polos eslovenos Miha Vodicar e Nadiya Bychkova.
Os pontevedreses sobrepuxéronse ao incómodo frío do pavillón, usado habitualmente para deportes de xeo e que contaba cunha tarima que o cubría.
O próximo sábado 15 de novembro en Viena (Austria), a parella galega afrontará un novo Campionato do Mundo, esta vez na modalidade de Standard.