Estrea con derrota (3-5) do Leis en Segunda B na visita do Bembrive
Por Redacción
O Mosteiro Bembrive, actual subcampión de Segunda B, foi demasiado rival para o Leis Pontevedra na súa volta á categoría.
O equipo adestrado por Manu Cossío plantou cara aos vigueses e a punto estivo de lograr o empate, pero rematou cendiendo nun choque tremendamente igualado.
Adiantáronse os pontevedreses cun tanto de Barcala, pero o Bembrive daría a volta ao marcador antes do descanso, ao que se chegou con 1-2.
O conxunto visitante ampliou a súa vantaxe ao inicio do segundo período, pero o Leis non botou a toalla e recortou distancias por medio de Dani.
Pouco despois os vigueses poñía o 2-4, aínda que Gustavo anotou para manter aos locais no choque. Sen embargo, a pesar de contar con opcións de empatar, finalmente o Bembrive sentenciaría cando o Leis estaba envorcado sobre a meta visitante.