Derrota ante o Bembrive (40-80) dun Arxil que deixa boa imaxe no seu primeiro amigable na casa
Por Redacción
Demasiado rival para o Arxil foi o Bembibre de Liga Femenina. As rapazas de Mayte Méndez perderon por un contundente 40-80 nun amigable disputado este sábado no pavillón do Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD). Pero a pesar da derrota, o Arxil ofreceu unha boa imaxe ante a súa afección, especialmente nos primeiros 25 minutos do partido contra as leonesas.
A diferenza foi tan ampla debido aos últimos cinco minutos do primeiro cuarto, no que as pontevedresas encaixaron un parcial de 4-16, e ao demoledor 4-20 do último parcial. Pero no segundo e terceiro cuarto, o Arxil logrou frear o poderoso xogo exterior e interior das leonesas e arrepor a este equipo da máxima categoría do baloncesto feminino. E todo iso, a pesar de non poder contar con Carla Fernández e Ana Román por problemas físicos.
O próximo partido do Arxil será este xoves no pavillón do CGTD. Enfrontarase ás 20.00 horas ao Cortegada nun encontro correspondente á Copa Galicia.
ARXIL (40): Diarra (19), María González (9), Ana Martín (4), Aldara Vázquez, Anabel Carballo, Jara Tuda, María Lago (2), Cristina Díaz, Sandra Entenza, María Quiroga e Fallon (5).
EMBUTIDOS PAJARIEL BEMBIBRE (80): Gémez (7), Montenegro (12), Buch, Liepkalne (9), Matoso (4), O'Reilly (14), Vivas, González, Cereijo, Chumillas (9) e Edwards (15).
Árbitros: Jacobo Rial e González.
Parciais: 10-28, 12-13, 14-19 e 4-20
Incidencias: Encontro xogado no pavillón do CGTD, con boa entrada. Partido enmarcado dentro dos actos do 30 aniversario do Club Baloncesto Arxil.