"Touché" na praza da Peregrina
Por Redacción
Os mellores tiradores de Galicia déronse cita durante este sábado 13 na Praza da Peregrina para disputar o III Torneo Masters de Galicia de esgrima, organizado polo Club Escola Hungaresa de Pontevedra en colaboración coa concellería de Deportes do Concello de Pontevedra.
Durante toda a tarde, os numerosos curiosos e afeccionados a este deporte que se achegaron polo centro da cidade puideron gozar da esgrima histórica con espadas longas e as denominadas espadas rapieiras.
A continuación disputouse o torneo de esgrima olímpica coa participación dos mellores tiradores galegos, algúns deles contan con prestixio nacional e internacional.
Entre os deportistas pontevedreses do Club Escola Hungaresa que se enfrontaron na modalidade de sabre encontrábanse Ana Barros, Natalia Fernández,Victor Revenga e Luis Castro.